Boqueixón cortará hoxe o servizo de abastecemento por mor de labores de mantemento no depósito municipal
06:30 30/01/19
06:30 30/01/19
Dito corte realizarase por mor das labores de mantemento que se van desenvolver no depósito municipal de auga localizado no cumio do Pico Sacro
O Concello de Boqueixón realizará hoxe entre as 10:00 e as 12:00 horas un corte no subministro de abastecemento que afectará a toda a veciñanza.
Dito corte realizarase por mor das labores de mantemento que se van desenvolver no depósito municipal de auga localizado no cumio do Pico Sacro.
Dende o Concello solicitan á veciñanza que durante esas horas traten de non usar a auga. Ao mesmo tempo, piden desculpas polas molestias que poida causar este corte no servizo de abastecemento.