miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 80 patinadores participan no Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe

Máis de 80 patinadores participan no Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe
Máis de 80 patinadores participan no Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe

Antía Calvo Grela, Lucía Deus Recouso, Daniela Iglesias Gende, Alba Diéguez Veiras e Lara Reboredo Franqueira foron as representantes locais en varias das categorías

Esta fin de semana disputouse en Ordes o Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe Artística (fase provincial). Sobre a pista do pavillón Castelao I déronse cita máis de 80 patinadores e patinadoras, os mellores da provincia da Coruña.

Antía Calvo Grela, Lucía Deus Recouso, Daniela Iglesias Gende, Alba Diéguez Veiras e Lara Reboredo Franqueira foron as representantes locais en varias das categorías.

Xiana Royo, Martina Fernández e Olivia Rey foron as mellores alevíns. As mellores marcas na categoría infantil obtivéronas Unai Cereijo, Diego Íñiguez e Jorge Sanmartín, no caso da masculina; e María Grela, Antía Lourido e Alejandra Olveira na feminina. Por outra banda, a clasificación cadete estivo encabezada por Lucía Fernández, Soraya Santos e Paula Rey, mentres que na júnior o fixeron Noelia Rodríguez, Manuela Vila e María Iglesias. Por último, Isis Basanta, Martina Bravo e María Castedo proclamáronse gañadoras na sénior.

Ana Soneira, concelleira de Deportes, entregou os trofeos aos gañadores e gañadoras desta competición, a cal foi organizada polo Club Galia e patrocinada por Deleite. Nela tamén colaboraron tanto a Xunta de Galicia, como a Deputación da Coruña, Deporte Galego, Federación Galega de Patinaxe e o mesmo Concello de Ordes.

Comentarios
Lo más