miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Continúan as chuvias en Compostela durante o día de hoxe

Continúan as chuvias en Compostela durante o día de hoxe
Continúan as chuvias en Compostela durante o día de hoxe

En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima chegará aos 13ºC

O martes virá marcado pola formación dunha borrasca ao sur de Irlanda que nos enviará unha fronte fría que percorrerá Galicia de norte a sur durante a primeira metade do día. 

Así amenceremos cos ceos cubertos e con chuvias e a partir do mediodía iranse abrindo tímidos claros e as chuvias serán illadas e ocasionais.

A cota de neve comezará nos 1400 metros e quedará nos 1100-1200 metros co avance do día. 

As temperaturas non terán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 7ºC e a máxima chegará aos 13ºC.

Os ventos soprarán fortes de compoñente oeste.

Comentarios
Lo más