miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández esixe ao Goberno que solicite a eliminación da cláusula que impide iniciar as obras da última fase da Intermodal

Agustín Hernández esixe ao Goberno que solicite a eliminación da cláusula que impide iniciar as obras da última fase da Intermodal
Agustín Hernández esixe ao Goberno que solicite a eliminación da cláusula que impide iniciar as obras da última fase da Intermodal

O voceiro do Grupo Municipal Popular Martiño subliñou que “Noriega foi o único alcalde de Galicia que asinou unha condición semellante, que supón o retraso desta actuación”

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, esixiulle onte ao Goberno de Compostela Aberta en rolda de prensa que faga o necesario ante o Ministerio de Fomento para anular unha cláusula que impide iniciar as obras da última fase da Estación Intermodal de Santiago ata que se acaden 3,5 millóns de usuarios. Segundo os cálculos levados a cabo polos Populares, esta cifra non se alcanzaría nunca antes do ano 2030.

Ante esta situación, o Grupo Municipal Popular presentará no vindeiro Pleno ordinario unha moción na que se lle solicita a CA a sinatura dun acordo que implique a eliminación, por escrito, desta cláusula; e ao Ministerio de Fomento a presentación do proxecto definitivo da peza de remate da Intermodal antes de finais de marzo; e a licitación da obra antes de que remate o verán,

Hernández destacou a necesidade de que todas as administracións implicadas nesta actuación actúen conxuntamente, pero ve “imposible” que o Alcalde Martiño Noriega sexa quen de "liderar esta situación". “Temos dous dos proxectos desta infraestrutura, a pasarela e a estación de autobuses, e temos os orzamentos, agora só falta vontade e ganas de traballar, dúas condición que Martiño Noriega ten demostrado carecer delas”, agregou.

O voceiro Popular tamén remarcou que é importante “saber o que se ten que facer e asesorarse correctamente”, pero a realidade é que, nestes momento, “Santiago non ten data de inicio da derradeira fase da Estación Intermodal, a máis importante, por mor dunha condición que aceptou o Alcalde, o único edil que asinou algo así en Galicia”, aclarou.

Os Populares consideran que o mellor para Santiago é que as obras da estación de autobuses, pasarela e da última fase desta infraestrutura se puideran levar a cabo de forma inmediata, xa que ADIF está redactando, en colaboración con Herreros, o proxecto, pero “non ten a obriga de inicial as obras antes de ter alcanzado tal cantidade de viaxeiros e sabemos de sobras que desde a licitación das obras farán falta 3 anos para a súa posta en servizo”.

No transcurso da súa comparecencia, Agustín Hernández insistiu en que “o Goberno de Compostela Aberta ten que poñerse a traballar para que a Estación Intermodal da capital de Galicia sexa unha realidade canto antes, polo que deberá conseguir anular dita cláusula e dotar dunha partida nos orzamentos de 2019, e por outra banda, o Ministerio de Fomento debe rematar o proxecto e licitar a última fase antes do vindeiro verán”

Comentarios
Lo más