miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece un traballador tras precipitarse dun andamio en Coristanco

Falece un traballador tras precipitarse dun andamio en Coristanco
Foto de arquivo
Falece un traballador tras precipitarse dun andamio en Coristanco

Perdeu a vida tras caer dun andamio mentres realizaba o seu traballo na parroquia de Santa Baia de Castro

Un operario perdeu a vida tras caer dun andamio mentres realizaba o seu traballo na parroquia de Santa Baia de Castro, no concello coruñés de Coristanco. Segundo se lle indicou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, a vítima precipitouse ao chan dende unha altura duns dous metros.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos poucos minutos antes das 15:00 horas da tarde de hoxe. Ata o punto desprazáronse, ademais dos servizos sanitarios de urxencias, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade. O CIAE 112 Galicia tamén informou do accidente á Policía Local.

A pesar dos esforzos para intentar reanimar o home, os técnicos sanitarios só puideron confirmar su falecemento.

Comentarios
Lo más