miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ordes acolleu o VI Trofeo de Tiro con Arco

Ordes acolleu o VI Trofeo de Tiro con Arco
Ordes acolleu o VI Trofeo de Tiro con Arco

Ana Soneira, concelleira de Deportes do Concello de Ordes, foi a encargada de entregarlle os galardóns aos primeiros clasificados

70 arqueiros e arqueiras participaron esta pasada fin de semana no VI Trofeo Concello de Ordes de Tiro con Arco. O pavillón Campomaior albergou esta competición organizada pola Asociación Deportiva Arqueiros do Adarve e na que colaborou o Concello de Ordes. 

Os resultados acadados demostraron, unha vez máis, a boa puntería da que gozan os participantes de Ordes, especialmente no caso de Hugo Fandiño, primeiro clasificado na categoría esquío.

Rubén Pérez foi cuarto na categoría infantil masculina, Pilar Candal e Ana López remataron segunda e sétima na novel feminina, Fátima Rodríguez e Estela Rey remataron terceira e quinta na sénior feminina, mentres que Roberto Martínez e Pedro del Río ocuparon a terceira e décima posición na sénior masculina.

Ana Soneira, concelleira de Deportes do Concello de Ordes, foi a encargada de entregarlle os galardóns aos primeiros clasificados.

Comentarios
Lo más