A Marea de Noia presentará no Pleno unha proposta de apoio á folga dos traballadores de Urxencias
O CHUS é o Hospital de referencia dos noieses e das noiesas e a situación do Servizo de Urxencias deste hospital toca directamente aos veciños e veciñas de Noia
A Marea Cidadá de Noia buscará aprobar unha moción en Pleno que insta á Xerencia do CHUS e a Consellería de Sanidade a realizar melloras no Servizo e a dotalo de persoal suficiente.
Dende hai doce semanas, os traballadores e traballadoras do CHUS manteñen unha folga reclamando un aumento de persoal e de recursos materiais para o servizo de Urxencias do CHUS. A folga, apoiada por asociacións de pacientes, conta co apoio maioritario dos traballadores.
O CHUS é o Hospital de referencia dos noieses e das noiesas e a situación do Servizo de Urxencias deste hospital toca directamente aos veciños e veciñas de Noia. Dende a Marea entenden que a situación é insostible, máis dende que a Fiscalía comezou a investigar a morte de dous doentes nos pasillos.
Ademáis dos problemas do propio servizo, a falta de previsión está deixando unha situación como a que moitos doentes viviron a semana pasada, cando o párking do propio Hospital estivo cheo varias veces e non ofrecía espazo para ningunha persoa que tivese que achegarse de Urxencia.