Unha muller embarazada sáese da vía en Dodro
17:58 28/01/19
17:58 28/01/19
O suceso tivo lugar cando o vehículo circulaba pola AG-11
Pasadas as 12:15 horas, unha muller embarazada precisou asistencia sanitaria tras saírse da vía. O suceso tivo lugar cando o vehículo circulaba pola AG-11, concretamente antes da saída de Rois, dirección Padrón. Segundo informou o alertante que chamou ao 112 Galicia para dar o aviso, o turismo chocou contra a mediana da autovía despois de saírse da vía.
Ata ao lugar desprazáronse ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Boiro, membros do GES de Padrón e axentes de Tráfico.