Santiago Futsal vs Noia Portus Apostoli, máis que un derbi
O Santiago Futsal recibirá ao Noia Portus Apostoli o vindeiro sábado 2 de Febreiro ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Santa Isabel
Tras o gran triunfo a domicilio conseguido no pavillón Quiquirá contra o Dimurol S. Tenerife por 3 a 7, o Santiago Futsal afronta unha semana decisiva na que recibirá ao Noia Portus Apostoli o vindeiro sábado 2 de Febreiro ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Santa Isabel.
Co obxectivo de sumar a súa terceira vitoria consecutiva, os de Santi Valladares prepararándurante toda esta semana o decisivo choque que na ida saldouse cun axustado 2 a 3.
Os locais recuperan efectivos para o derbi, xa que Adrián “Pirata” e Alberto Mirásreincorpóranse aos adestramentos con normalidade tras a súa convocatoria coa seleccióngalega Sub 19.
Información adicional do partido:
- Por primeira vez e ao final do encontro, entregarase o premio ao "Xogador Ó Xeito do partido”, unha iniciativa que, a través dos votos dos medios de prensa acreditados no partido, recoñecerá o xogador máis determinante do choque.
- O partido está fixado como día do Clubo polo que a entrada para os abonados adultos terá un prezo de 5€, mentres que os menores de idade poderán acceder co seu carné de abonado.
Recomendamos aos asistentes que vaian con tempo debido a posibles aglomeracións nodespacho de billetes.
- O público xeral terá un prexo de 10€ e para os menores de idade o prezo é de 5€ Xuvenil (14-17 anos) e 2€ Infantil (4-13 anos). As entradas estarán dispoñibles nas oficinas do Club desde hoxe luns e no descanso do partido sortearanse 2 vales de 50 € para a Praza de Abastos.
- O partido será retransmitido en direto na páxina web da RTVG e en diferido a partir das 20:15 na TVG2.