miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Estrela Vermelha gaña de novo e os Gaels non logran a vitoria

O Estrela Vermelha gaña de novo e os Gaels non logran a vitoria
O Estrela Vermelha gaña de novo e os Gaels non logran a vitoria

Fermosa tarde de gaélico no campo das Cancelas este domingo

Fermosa tarde de gaélico no campo das Cancelas este domingo. Comezou a xornada cun enfrontamento entre o Estrela Vermelha e os Mecos do Grove. O combinado local dominou o partido desde o primeiro momento, mais unha boa acción dos visitantes antes do descanso facía que o partido non estivese pechado. Coa reanudación do xogo, o equipo vermelho baixou o nivel de presión e permitiu máis o xogo do equipo do Salnés. Ao remate do partido, nova vitoria para o Estrela Vermelha, a unha vitoria do liderado da Liga Galega.

No segundo enfrontamento da tarde víanse as caras os Estrela Gaels e os Herdeiros de Dhais de Lalín. O partido estivo absolutamente marcado polo atino dos dezanos e a falta de gol dos locais. Ao longo do partido, as ocasións foron parellas entre ambos combimados, mais a sorte foi ben diferente. Unha diferenza de máis de 15 puntos campeaba no marcador ao remate dos sesenta minutos. O filial compostelano segue medrando.

Non haberá fútbol gaélico o domingo que ven, posto que hai parón ligueiro. Deste modo, tardará en voltar o gaélico por terras compostelanas, porque na seguinte xornada as nosas equipas viaxan a Vigo e a Cambados.

Comentarios
Lo más