Luns de chuvascos: á mañá anubrado, á tarde con claros
08:00 28/01/19
08:00 28/01/19
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso rondando os 8º a mínima e os 12º a máxima
Durante o luns a situación será intermedia entre un anticiclón situado ó oeste de Galicia e unha borrasca centrada ao norte de Alemaña. Deste xeito, en Santiago, a xornada estará caracterizada polos chuvascos, máis frecuentes pola mañá. Os ceos estarán moi anubrados a primeira hora e co avance do día iranse abrindo claros. Pola noite, aumentan as nubes e as precipitacións polo noroeste. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso rondando os 8º a mínima e os 12º a máxima.