Atropelan a un neno en Oleiros
19:57 27/01/19
19:57 27/01/19
Sucedeu na N-VI á altura de Perillo
Un neno resultou ferido ao ser atropelado na N-VI, á altura de Perillo, en Oleiros.
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido, ao fío das 17:40 horas e, nada máis recibir o aviso, o persoal do CIAE 112 Galicia informou ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de tráfico, aos Bombeiros de Arteixo e a Protección Civil.