Tres persoas feridas nun autobús que colidiu contra varios coches estacionados na Coruña
19:43 27/01/19
19:43 27/01/19
O coche de liña batese contra varios vehículos que se atopaban estacionados na parroquia coruñesa de Oza
Tres persoas que viaxaban nun autobús tiveron que ser atendidas polos servizos sanitarios despois de que o coche de liña batese contra varios vehículos que se atopaban estacionados na parroquia coruñesa de Oza, concretamente na Avenida do Exército.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través dunha persoa particular, ao fío das 12:45 horas. A partir de aí, os xestores do CIAE 112 pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros da cidade, á Policía Local e a Protección Civil.