Os veciños de San Juan de Fecha explícanlle a Agustín Hernández cales son principais necesidades da súa parroquia
A mellora de camiños moi transitados; a carencia de rozas dentro da tempada que corresponde; e a falta de conexións e frecuencias do transporte urbano foron algunhas das reclamacións que escoitou o dirixente do Partido Popular
O presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, acompañado pola concelleira, María Corral, visitou hoxe a parroquia de San Juan de Fecha, onde os seus veciños lle explicaron cales son as principais necesidades desta zona da capital de Galicia.
Os veciños amosaron a súa preocupación polo estado de abandono no que se atopan algunhas zonas o rural compostelán, posto que o Goberno de Martiño Noriega, segue sen facer chegar a estas áreas moitos dos servizos básicos que necesitan e merecen.
A mellora de camiños moi transitados; a carencia de rozas dentro da tempada que corresponde; a falta de conexións e frecuencias do transporte urbano foron algunhas das reclamacións que escoitou o dirixente do Partido Popular en Santiago, unhas solicitudes que non deberían existir en pleno século XXI en zonas da capital de Galicia.
Por outra banda, tamén explicaron ao voceiro Popular que hai moitas zonas desta parroquia sen abastecemento, nin saneamento de auga, polo que levan tempo solicitándolle ao Goberno de Compostela Aberta unha solución a estes problemas.
Dentro das súas reclamacións tamén indicaron a posibilidade de poder realizar actividades relacionadas co rural no centro sociocultural.
Por último, Hernández agradeceulle aos veciños que os tivesen recibido e así poder concretar máis polo miúdo as carencias desta zona.