O Santiago Futsal logra en Tenerife unha vitoria crave
O Santiago Futsal venceu a domicilio 3- 7 ante o Dimurol S. Tenerife
Os de Santi Valladares conseguiron unha vitoria moi traballada ante un rival que en ningún momento púxolles as cousas fáciles.
O duelo comezou igualado e cunha gran intensidade, pero o cero a cero inicial rompeu aos tres minutos ao aproveitar Santi un descoido defensivo dos canarios. Christian, cinco minutos despois, puxo o 0-2 cunha gran xogada individual pola banda.
Un gran Álex Pérez mantivo a portería a cero ata que Ayose anotou un gol faltando 5 minutos para o final da primeira parte. O partido foi ao descanso cun apertado 1-2 e a renda dos visitantes puido ser maior, pero non foron capaces de materializar os dous dobres penaltis lanzados por Everton e Christian Chao no últimos tres minutos.
Co comezo da segunda parte os visitantes aumentaron a súa distancia chegando a marcar tres goles en tres minutos. O 1-3 foi grazas outro tanto de Christian e, pouco despois, Dani Branco culminaba unha gran xogada de estratexia para distanciarse 3 goles a favor do Santiago Futsal. Xusto despois Christian completaba o seu Hat trick na súa conta persoal, fulminando ao meta Yeray cun gran disparo á escuadra e poñendo o 1-5.
A partir dese momento o Dimurol S. Tenerife sacou ao seu quinto home e conseguiu exercer unha presión moi alta na saída de balón dos galegos, ata que un saque de meta rápido de Álex Pérez puxo o balón a Isma ao bordo da área para que asistise a Santi e marcar así o 1-6.
A continuación, un minuto despois, Ayose marcou o seu segundo gol e o segundo tamén para os de Tenerife, pero os de Santiago contestaron rápido grazas a Everton, que puxo o 2-7 no marcador. A falta dun minuto para o final o Dimurol S. Tenerife conseguiu reducir distancias a través de Manu Robles poñendo o 3-7 final no electrónico.
O equipo galego vólvese de Tenerife coa satisfacción de facer un partido moi sobrio e no que en todo momento estivo por diante.