Arden dous coches no baixo dunha vivenda na Estrada sen rexistrarse danos persoais
Ocorreu na estrada de Ouzande, concretamente no número 9, ao fío das 11:55 horas
Un incendio deixou un turismo totalmente calcinado e outro vehículo seriamente danado nun baixo dunha casa no termo municipal pontevedrés da Estrada. Por fortuna, ningunha persoa resultou ferida nin afectada.
Ocorreu na estrada de Ouzande, concretamente no número 9, ao fío das 11:55 horas.
Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do incendio no baixo da vivenda. Acto seguido, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros do Deza, á Garda Civil, á Policía Local, aos efectivos do GES da Estrada e ao 061-Urxencias Sanitarias con carácter preventivo.
Unha vez sufocado o lume por completo, os servizos de emerxencia arrefriaron a zona e ventilaron a estancia.
Ademais dos dous vehículos tamén ardeu unha acometida de cables, polo que desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da empresa subministradora de electricidade.