miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Santiago aposta polas bicicletas eléctricas

O Concello de Santiago aposta polas bicicletas eléctricas
Foto de arquivo
O Concello de Santiago aposta polas bicicletas eléctricas

Chegarán á Santiago xunto coas novas marquesiñas das parados do transporte urbano

Jorge Duarte, concelleiro de Mobilidade do Concello de Santiago anunciou que as bicicletas eléctricas chegarán á Santiago xunto coas novas marquesiñas das parados do transporte urbano. A idea é que a empresa adxudicataria das marquesiñas se comprometa a colocar, polo menos oito estacións de bicicletas eléctricas, sendo a que decida o lugar, buscando os puntos máis estratéxicos. «A intención é ligar un servizo a outro, compensar un servizo deficitario con outro que é rendible», dixo. Refírese a o fiasco que supuxo as bicicletas mecánicas. 

O uso das marquesiñas para publicidade deixaría ingresos no Concello, e a empresa encargaríase do mantemento das estacións de bicicleta. No pliego fíxanse a instalación de oito estacións pero Duarte considera que podería soportar ata 40 emprazamentos. En canto ás marquesiñas das paradas do autobús urbano, Jorge Duarte indicou que a empresa terá que ecnargarse do mantemento das 140 marquesiñas que xa están instaladas en Santiago, e asumir a instalación de novos elementos, ampliando a rede a outros puntos da cidade e do rural.

Según indica o concelleiro de Mobilidade, o prego das condicións dos servizos atópase en fase de borrador, co obxectivo de que se poda aprobar no primeiro trimestre de 2019.

Comentarios
Lo más