miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A xerencia do CHUS requisa as pancartas da folga de Urxencias

A xerencia do CHUS requisa as pancartas da folga de Urxencias
Foto de arquivo facilitada pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS
A xerencia do CHUS requisa as pancartas da folga de Urxencias

Pola súa parte, a xerencia asegura que a súa intención é “velar rigorosamente pola intimidade e respecto á imaxe dos pacientes"

Xa levan doce semanas de folga, o persoal sanitario de Urxencias, reivindicando máis medios, maís espazo e máis persoal para unha mellor asistencia. Advirten dos continuos colapsos e as longas esperas de decenas de pacientes nos corredores.

Agora a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia que o persoal de seguridade retiroulles este venres pancartas que advertían aos doentes dos motivos da folga. Indican que a seguridade actuao "por orde da xerencia" coa intención de "impedir a denuncia pública da situación baixo a escusa de que non se poden sacar documentos gráficos dos corredores sen autorización dos pacientes”.

Pola súa parte, a xerencia asegura que a súa intención é “velar rigorosamente pola intimidade e respecto á imaxe dos pacientes que acoden” aos seus centros. Por este motivo, non consinte “a toma de imaxes de pacientes sen o seu consentimento expreso e en ningún caso a entrada de cámaras en zonas de hospitalización e probas por respecto aos doentes”.

Os afectados consideran “alarmante” que “para evitar a defensa de dereitos fundamentais das persoas se utilice a vulneración inexistente dun dereito que a asociación nunca transgrediu”. “Sempre preservamos a identidade dos pacientes maltratados no servizo e utilizamos medios que impiden a súa identificación como destinatarios de servizos sanitarios”, explican. A Asociación de Usuarios difunde imaxes cos rostros pixelados ou tras unha banda negra que oculta a súa identidade. Para eles a conduta da xerencia é “autoritaria e antisocial” e só pretende “silenciar” as súas denuncias “dunha realidade que os responsables sanitarios queren que se manteña oculta”.

Fátima Nercella, quen levou á Fiscalía o caso das dúas mortes tras longas esperas dos pacientes nos corredores, denunciou a retirada de pancartas reivindicativas na mañá de onte, tamén por parte do persoal de seguridade. “O que se pretende coas pancartas é explicarlles aos pacientes as cousas, aclararlles que non é a folga quen provoca saturacións ou colapsos no servizo, senón ao revés”, informa Nercellas, . Un das pancartas retirabas rezaba: “Non estás no pasillo porque estemos en folga; estamos en folga porque estás no pasillo”. Xa pasado o mediodía, foi todo devolto ante as queixas dos profesionais mobilizados.

Comentarios
Lo más