miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O local social de Lestedo acolle hoxe os ‘Contos na Lareira’ de Celso Fernández Sanmartín

O local social de Lestedo acolle hoxe os ‘Contos na Lareira’ de Celso Fernández Sanmartín
O local social de Lestedo acolle hoxe os ‘Contos na Lareira’ de Celso Fernández Sanmartín

Terá lugar ás 21.00 horas

O local social de Lestedo acolle hoxe ás 21.00 horas a sesión Contos na Lareira. O galego fala. Trátase dunha actividade organizada pola Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio en colaboración co Concello de Boqueixón, a Deputación da Coruña e Ramsa.

Esta sesión estará protagonizada polo poeta e contacontos galego Celso Fernández Sanmartín. O acceso á actividade é de balde para socios e socias da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio. Para o público xeral, a entrada ten un custo de 3 euros.

Comentarios
Lo más