Ribeira conmemorará hoxe o Día da Ilustración cun contacontos infantil
06:30 26/01/19
06:30 26/01/19
Inacio Vilariño ofrecerá o espectáculo “Titoán, o mozo Castelao e outras historias”
A biblioteca municipal de Riveira albergará hoxe sábado 26 ás 12:00 horas unha sesión contacontos coa que celebrar o Día da Ilustración.
Con tal motivo, Inacio Vilariño ofrecerá o espectáculo “Titoán, o mozo Castelao e outras historias”, especialmente dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. A través desta actividade os rapaces terán a oportunidade de aprender un pouquiño da vida de Castelao cando era un neno, e recordalo así nestas datas próximas ao aniversario do seu nacemento e conmemorar na súa honra o Día da Ilustración.