Un atropelo en Arzúa causa retencións de varios quilómetros
10:15 25/01/19
10:15 25/01/19
Foi evacuada ao centro hospitalario de referencia
Na tarde de onte, sobre as 19:30 horas, varias persoas contactaron co 112 Galicia para dar conta dun atropelo na Rúa Lugo, no concello de Arzúa.
Tras ser alertados polo 112 Galicia, ao lugar do accidente desprazouse persoal do 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e Policía Local, así como os voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, informouse aos Bombeiros de Arzúa, aínda que a persoa estaba liberada e accesible.
Finalmente, foi evacuada ao centro hospitalario de referencia.