miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Liberan a un condutor que quedou preso tras impactar o seu coche contra outro en Ourense

Liberan a un condutor que quedou preso tras impactar o seu coche contra outro en Ourense
Liberan a un condutor que quedou preso tras impactar o seu coche contra outro en Ourense

Os servizos de emerxencia contaron co apoio dos axentes de seguridade da cidade

Unha colisión entre dous vehículos obrigou a intervir aos Bombeiros de Ourense para liberar a un condutor que quedou atrapado tras o impacto.

Segundo relatou un veciño aos xestores do 112 Galicia, os dous coches chocaron lateralmente e quedaron pegados, o que impedía abrir as portas para atender ao ferido. Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, solicitouse a colaboración dos bombeiros da cidade co fin de rescatar ao condutor que permanecía atrapado no interior.

O sinistro produciuse ás 19:30 horas de onte na rotonda da Ponte Novísima, onde acudiu tamén un equipo das 061-Urxencias Sanitarias para atender á persoa e despois trasladala a un centro sanitario, aínda que, nun primeiro momento, as lesións parecían non revestir gravidade.

Ademais, os servizos de emerxencia contaron co apoio dos axentes de seguridade da cidade.

Comentarios
Lo más