A Marea presenta unha moción para dotar de financiamento á ambulancia da Cruz Vermella
Tras ter coñecemento da caducidade do servizo, a Marea iniciou unha serie de contactos con distintos clubes deportivos e asociacións da localidade, que transmitiron a súa preocupación
A Marea Cidadá de Noia ven de rexistrar unha moción para garantir a continuación do servizo de ambulancia que presta a Cruz Vermella, e que entra en caducidade o próximo 28 de febrero.
Ó longo do último ano a ambulancia da Cruz Vermella ten prestado servizos preventivos na totalidade de eventos lúdicos e deportivos que se teñen celebrado en Noia.
Tras ter coñecemento da caducidade do servizo, a Marea iniciou unha serie de contactos con distintos clubes deportivos e asociacións da localidade, que transmitiron a súa preocupación.
Aolongo de 2018, esta ambulancia dotou dun servizo preventivo a 65 eventos lúdicos e deportivos que tiveron lugar na nosa vila, así como asistiu á única ambulancia do 061 que hai na localidade en momentos de saturación.
Dende a Marea enténdese que Noia non pode perder un servizo tan importante e asúmese que é hora de dotalo dun orzamento fixo que garanta a súa permanencia e estabilidade.
Por este motivo, a Marea Cidadá de Noia presenta unha moción que de ser aprobada en Pleno, garantirá a continuación da ambulancia e dotaraa a través da Comisión de Facenda dun orzamento estable. Dita Comisión celebraríase, ademáis, cunha representación convidada da Cruz Vermella.