Ribeira contará dende hoxe cunha praza dedicada ao pintor Xoán Fernández
06:30 25/01/19
06:30 25/01/19
O acto terá lugar ás 19 horas
Dando cumprimento a un acordo plenario adoptado unanimemente polos membros da Corporación, hoxe terá lugar o acto de nomeamento da praza Xoán Fernández en homenaxe a este pintor local.
O acto terá lugar ás 19 horas, estando situada á praza ao lado da rotonda que enlaza a avenida da Coruña co paseo das Carolinas na cidade de Santa Uxía.
Exposición no Consistorio
Ademais, o luns 28 ás 13 horas a casa consistorial albergará unha exposición dedicada á figura deste insigne artista afincado en Palmeira de estilo hiperrealista influído polos mestres flamencos e holandeses do século XVII, cuxa obra se ten exhibido en Alemaña, Holanda, Bélxica e diversos lugares de España.