miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bascuas ve motivos de preocupación no concurso para a adxudicación das marquesiñas publicitarias

Bascuas ve motivos de preocupación no concurso para a adxudicación das marquesiñas publicitarias
Foto de arquivo
Bascuas ve motivos de preocupación no concurso para a adxudicación das marquesiñas publicitarias

Compromiso insta a Duarte a explicar como vai resolver a situación con todas as garantías

Xoán Bascuas, candidato a alcaldía por Compromiso por Galicia, ve elementos de preocupación no concurso para a adxudicación das marquesiñas publicitarias. No seu momento, os galeguistas xa apuntaran que a actual empresa leva a xestión do servizo sen contrato dende o 2009. Cómpre lembrar que a actual empresa invertiu un millón de euros nos soportes da publicidade por todo o Concello a cambio da xestión dos mesmos.

Recementente, o concelleiro, Jorge Duarte, anunciou que se ía proceder ao concurso público da adxudicación das mencionadas marquesiñas, poñendo como requisito que tamén se encarguen do servizo de bicicletas eléctricas. O motivo de preocupación que alegan dende Compromiso é que “a actual empresa, concesionaria, sen contato dende o 2009, casualmente tamén ten o servizo de smartbici noutras cidades”.

Dadas estas corcunstancias, Bascuas apunta que “estaremos moi atentos á nova adxudicación para que se cumpran todas as garantías e esperamos total transparencia, e que non se remate nun novo caso DOAL”.

Comentarios
Lo más