miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres persoas feridas despois dunha colisión entre dous coches no Porriño

Tres persoas feridas despois dunha colisión entre dous coches no Porriño
Tres persoas feridas despois dunha colisión entre dous coches no Porriño

O sinistro ocorreu na PO-331, concretamente no punto quilométrico 0,800, ao fío das 21:15 horas

Unha colisión entre dous turismos que tivo lugar a pasada noite no Porriño saldouse con tres persoas feridas. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, nun dos coches implicados resultaron feridas dúas mulleres e no outro vehículo accidentado un home.

O sinistro ocorreu na PO-331, concretamente no punto quilométrico 0,800, ao fío das 21:15 horas.

Nese momento, unha das persoas implicadas no accidente contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido. Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil, da Policía Local, dos Bombeiros do Baixo Miño e do servizo de mantemento da estrada.

Unha vez que as persoas feridas foron atendidas e trasladadas a un centro médico, os servizos de emerxencias realizaron as labores de limpeza na vía co fin de restablecer as condicións de seguridade na estrada.

Comentarios
Lo más