miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bascuas insta ao diálogo entre o Goberno municipal e a Policía Local

Bascuas insta ao diálogo entre o Goberno municipal e a Policía Local
Foto de arquivo
Bascuas insta ao diálogo entre o Goberno municipal e a Policía Local

Dende Compromiso ven con preocupación a xudicialización das quendas dos axentes municipais

Xoán Bascuas, candidato a alcaldía por Compromiso por Galicia, amosa a súa preocupación polo conflito entre o goberno municipal e a Policía Local, que xa chegou en varias ocasións aos tribunais. O asunto foi levado ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago, o cal fallou en favor favor da Policía Local, recoñecendo que non se pode forzar aos axentes a facer horas extras para cubrir servizos ordinarios. Pese a isto, dende o goberno municipal seguen a firmarse decretos para obrigar ós axentes a cubrir as quendas.

Dende a formación galeguista advirten que a situación actual “só pode resolverse dende o diálogo entre ambas partes e buscando puntos de encontro”, e inciden na necesidade de ter auxiliares de policía para poder solventar esta situación que, lonxe de atopar unha solución, vai camiño de empeorar. A previsión nos próximos meses de 19 baixas por xubilación, nunha plantilla xa insuficiente de seu, con só 136 axentes, fica lonxe dos 173 efectivos que deberían conformar o corpo da policía local.

Comentarios
Lo más