Absolven a dous acusados de lesionarse no interior dunha discoteca
17:37 23/01/19
17:37 23/01/19
Os feitos ocorreron na madrugada do 30 de agosto de 2015
A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña absolveu a dous acusados de lesionarse no interior dunha discoteca durante a madrugada do 30 de agosto de 2015.
“As declaracións dos acusados son contraditorias sobre a causa das feridas que ambos presentan”, indica o tribunal. Un dos sospeitosos sostén que o outro lle rompeu un vaso de cristal na cara.
Pola contra, o acusado de estamparlle o recipiente defende que a vítima se golpeou soa co vaso cando se dispoñía a darlle unha cabezada. “Ambas as versións parecen igualmente lóxicas e plausibles”, sinala a Audiencia.