Cae unha muller por un barranco en Guitiriz
10:16 22/01/19
10:16 22/01/19
O persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civi
En Guitiriz, unha muller resultou ferida ao caer por un precipicio o turismo no que circulaba. Sucedeu na parroquia de Lagostelle, ao fío das 20:40 horas da pasada tarde.
Foron os profesionais sanitarios os que alertaron do accidente ao 112 Galicia e indicaban no seu relato que a muller se atopaba a pé da estrada.
Con estes datos, o persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.