Un incendio calcina catro coches na rúa da Costiña do Monte
Os feitos ocorreron sobre as 1:30 horas da madrugada
Esta madrugada unha brigada de bombeiros tívose que desprazar ata a rúa da Costiñas do Monte, preto do parque de Bonaval, para sufucar un incendio que se rexistrou en varios vehículos que estaban estacionados neses momentos na zona.
Os feitos ocorreron sobre as 1:30 horas da madrugada, cando un dos coches comezou a arder e o lume extendeuse a outros tres vehículos que estaban aparcados ao seu carón. Foi o aviso dun particular cando os bombeiros foron ata a rúa da Costiña do Monte e actuaron rápidamente para evitar a súa maior proparagación aos demaís vehículos.
Os primeiros indicios por parte dos bombeiros falan de que o lume comezou no coche máis antigo que estaba estacionado e despois propagouse aos que estaban máis preto. Finalmente, puidose apagar o lume e que non fora a máis.