Villares non está de acordo coa opinión dos críticos sobre En Marea
"En Marea é un proxecto con moito futuro"
Luca Chao, parlamentaria autonónima de En Marea e membro de Podemos Galicia, afirmou, nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia, que o partido instrumental "fracasou, ou máis ben, fixérono fracasar". Sobre esta entrevista Villares mostrou abertamente a súa discrepancia: "En Marea é un proxecto con moito futuro".
Luis Villares, líder de En Marea, negou que se o partido se desviara dos principios da asamblea constituínte de Vigo: "creo que a política que acabo de sinalar», dijo el portavoz tras presentar varias iniciativas sobre la sanidad pública y la deuda pública, «é perfectamente coherente con aquilo que nos trouxo a moitos á política». Villares entende que o que dí Luca Chao é a súa opinión e non cre que vaia agravar a crise interna que hai dentro de En Marea. Nin que vaia a ter reflexo no grupo parlamentario. «A min que a xente teña opinións diverxentes non me preocupa». Villares afirmou que a súa preocupación reside en que o traballo dos diputados no Parlamento «sexa converxente» co proxecto político común.
Tamén deixaba claro que a línea política non a define calquer diputado coas súas opinións senón él como portavoz da organización: «Como voceiro falo por toda En Marea».