miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Grupo Municipal Popular denuncia que o Goberno de Compostela incumpriu 11 meses consecutivos no ano 2018 o pago aos pequenos provedores

O Grupo Municipal Popular denuncia que o Goberno de Compostela incumpriu 11 meses consecutivos no ano 2018 o pago aos pequenos provedores
Foto de arquivo
O Grupo Municipal Popular denuncia que o Goberno de Compostela incumpriu 11 meses consecutivos no ano 2018 o pago aos pequenos provedores

O PMP é un mecanismo encamiñado a medir a tardanza das administracións no pago das facturas aos seus provedores. O límite máximo de pago fixado pola lei é de 30 días

O ano 2018, foi un ano nefasto en distintas materias en relación ao Goberno de Compostela Aberta, sobre todo, en relación á xestión dos cartos de todos os santiagueses. Esta situación dáse cando o Goberno de Compostela Aberta leva máis de tres anos xestionando a cidade, o que está a supoñer un punto de inflexión no peor camiño para o Concello e os provedores, posto que o Executivo de Martiño Noriega vén de alcanzar un novo fito ao incumprir o Período Medio de Pago (PMP) en 11 meses consecutivos. Hai que destacar que aínda non se publicaron os datos do mes de decembro.

Así, o Grupo Municipal Popular vén de denunciar que, no mes de febreiro e marzo de 2018, o Goberno de Martiño Noriega deixou sen pagar 11,3 e 11,4 millóns de euros en facturas respectivamente. Ademais, este Executivo deixou de investir 3 millóns de euros en obras e en accións directas na cidade e cantidade que foi entregados directamente á banca, situación esta que vai contra os intereses dos veciños.

Tal e como denuncia o Grupo Municipal Popular, o Goberno Local xa chegou aos 87,58 días de retraso en outubro, o que supón un triste novo record do Concello, concretamente, desde que entrou no goberno de Compostela Aberta incumpriuse en 27 ocasións o PMP, algo que nunca tiña sucedido. Esta situación supón un grave prexuízo tanto aos veciños, como aos pequenos empresarios que ven como pasan meses e meses e non reciben os seus pago.

Cabe sinalar que no goberno do Partido Popular cumpriuse escrupulosamente o prazo máximo do PMP, de tal xeito que todos os pagos se fixeron en prazo, chegando incluso, no mes de marzo do 2015 aos 9,04 días (o máximo son 30 días), o máis baixo na historia do concello de Santiago.

O PMP (período medio de pago) é un mecanismo encamiñado a medir a tardanza das administracións no pago das facturas aos seus provedores. O límite máximo de pago fixado pola lei é de 30 días. Tal e como se calcula na actualidade implantouse en setembro do 2014 por parte do Estado.

Esta situación non pode ser tomada como unha anécdota, xa que as consecuencias legais deste incumprimento son varias, como por exemplo:

- A obriga para a administración de ter que pagar intereses de demora aos provedores, e dicir, un “castigo” por retrasarse no pago e como un mecanismo para resarcirlles

- Non poder levar a cabo o emprego dos remanentes para financiar gastos de inversión; como aconteceu este ano, por primeira vez no concello de Santiago, no que non se puideron empregar 3 millóns de euros de remanentes para obras e houbo que destinalos aos bancos (amortizar débeda).

Antecedentes

A chegada de Compostela Aberta supuxo que en setembro do 2015 o concello incumprira por primeira vez o PMP, chegando en outubro do 2015 aos 40 días, mes no que o concello pagou 3,1 millóns e deixou sen pagar 11.

No ano 2016, a situación lonxe de mellorar empeorou, posto que o concello de Santiago incumpriu o PMP 6 meses (febreiro, xuño, agosto, setembro, outubro, novembro), superando os 40 días de outubro do 2015 para chegar aos 42,42 (novo record no municipio santiagués) no mes de outubro (pagou 4,4 millóns e deixou sen pagar 8,7).

No ano 2017, a situación volveu a empeorar, posto que o concello de Santiago incumpriu o PMP 7 meses (xaneiro, febreiro, xuño, agosto, setembro, outubro, novembro), superando os 42,42 días de outubro do 2016 para chegar aos 42,47 (novo fito histórico) no mes de febreiro (pagou 5,5 e deixou sen pagar 9 millóns).

Comentarios
Lo más