Bascuas reclama melloras no funcionamento dos semáforos do Ensanche
Compromiso pide cambios nos semáforos da rúa República do Salvador e da Alameda
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, vén de reclamar cambios no funcionamento dos semáforos da rúa de República do Salvador e na Alameda.
Os galeguistas consideran que quedou máis que demostrado a nula eficacia dos semáforos instalados polo goberno de Conde Roa nos cruces da rúa da República do Salvador coas rúas do Doutor Teixeiro e Xeneral Pardiñas. Pola contra, dende Compromiso afirman que “non acabamos de comprender que permaneza apagado o semáforo que se instalou frente ao Instituto Rosalía, xa que se funcionase co mesmo ciclo ca o da Porta Faxeira, non afectaría ao tráfico rodado e melloraría moito a seguridade dos peóns na zona”.
A proposta enmárcase na idea de que “os semáforos son un recurso moi útil na cidade se se instalan con criterio e co asesoramento da Policía Local”, engade Xoán Bascuas.