miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Lección maxistral da pianista Hilomi Sakaguchi na Aula Galega de Saxofón de Ribeira

Lección maxistral da pianista Hilomi Sakaguchi na Aula Galega de Saxofón de Ribeira
Lección maxistral da pianista Hilomi Sakaguchi na Aula Galega de Saxofón de Ribeira

A tarde do venres ofreceu unha auténtica lección maxistral na masterclass dirixida a pianistas na que lles aprendeu as claves da súa técnica

O paso da pianista Hilomi Sakaguchi pola Aula Galega de Saxofón cumpriu amplamente coas expectativas deixando grandes mostras do seu talento durante os actos organizados na fin de semana nas instalacións do conservatorio municipal.

Así, na tarde do venres e de xeito excepcional ofreceu unha auténtica lección maxistral na masterclass dirixida a pianistas na que lles aprendeu as claves da súa técnica. A renglón seguido acompañou aos alumnos da aula de saxofón nunha audición que tivo continuación ao día seguinte. Cómpre lembrar que na aula participan dezasete estudantes procedentes de conservatorios e escolas de música de toda Galicia que acoden unha fin de semana ao mes a Riveira para perfeccionar os seus coñecementos tutelados por Rodrigo Vila, profesor de saxofón no conservatorio superior de Illas Baleares.

Hilomi Sakaguchi é de orixe xaponesa pero afincada en Francia por máis de vinte anos. Imparte docencia no Conservatorio Jaques Thibaud de Burdeos, referente mundial do saxofón, sendo el consideradaa unha das mellores especialistas do planeta como pianista acompañante deste instrumento de vento.

Comentarios
Lo más