Victoria do Peleteiro nun partido cheo de tensión
No último cuarto os visitantes seguían con acerto e presionando moito o balón o que producía moitas precipitacións
Tras tres derrotas consecutivas o Peleteiro volve a senda da vitoria nun partido con dúas partes moi diferenciadas e disputado ate o final. Tras unha boa semana de entrenos e con todo o plantel disposto por primeira vez en toda a tempada o equipo saiu con gañas de rachar a xeira de derrotas. Aínda que en defensa tiñan problemas co rebote e o balance en ataque tiñan moito acerto (4 triplas), polo que permitía acadar as primeiras vantaxes, 23-18.
No segundo cuarto o nivel e concentración en defensa aumentou e os de San Cibrao non eran capaces de anotar e en ataque seguían buscando boas opcións, incluso anotando en contraataque. Ao descanso collían unha renda de +20.
No terceiro cuarto os de Ourense atopaban de novo o acerto e subían a liña defensiva, e comezaban a ter problemas para desplegar o noso xogo. Aínda así lograban manter unha diferencia de +11.
No último cuarto os visitantes seguían con acerto e presionando moito o balón o que producía moitas precipitacións. Rebaixaban a diferenza ate os catro puntos pero nos momentos finais souberon xogar mellor e apretar en defensa para deixar a vitoria en Montouto.
Para a vindeira semana o Peleteiro de novo na casa o último partido da primeira volta contra o Meco O Grove, líderes da competición.