miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Novos cambios no sistema ORA da cidade

Novos cambios no sistema ORA da cidade
Novos cambios no sistema ORA da cidade

Jorge Duarte explicou que o texto "actualiza o que estaba vixente desde o ano 2012, tendo en conta non só a municipalización do servizo, senón tamén a evolución da cidade e das políticas de mobilidade nestes seis anos"

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade presentou hoxe a modificación da Ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da ORA e do aparcamento de residentes, que será levada a Pleno en febreiro, ou ben a unha sesión extraordinaria antes de que acabe este mes. 

Jorge Duarte explicou que o texto "actualiza o que estaba vixente desde o ano 2012, tendo en conta non só a municipalización do servizo, senón tamén a evolución da cidade e das políticas de mobilidade nestes seis anos". Ademais, o edil incidiu en que "os cambios introducidos na ordenanza responden aos acordos contemplados no Pacto Local pola Mobilidade".

O edil explicou que "alén das cuestións concretas, a modificación da ordenanza segue o espírito de favorecer a accesibilidade, a inclusión e a igualdade". Nesa liña, Jorge Duarte explicou que o novo texto "permitirá que as persoas con mobilidade reducida poidan estacionar de xeito gratuíto en calquera das prazas da zona ORA como xeito de conseguir unha cidade máis inclusiva e accesible; de igual maneira que os vehículos eléctrico poderán utilizar de balde a zona azul como aposta por unha Compostela sustentable". 

A nova ordenanza tamén contempla que a veciñanza da cidade histórica poida "estacionar en zona ORA en calidade de residentes, mesmo aquelas persoas que vivan en zonas peonís ou con aparcamento restrinxido", de xeito que poderán aparcar no contorno incluído en zona azul o dobre do tempo. 

Comentarios
Lo más