miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Evacúan a un neno e a súa nai ao Hospital por inhalación de monóxido de carbono na súa vivenda

Evacúan a un neno e a súa nai ao Hospital por inhalación de monóxido de carbono na súa vivenda
Evacúan a un neno e a súa nai ao Hospital por inhalación de monóxido de carbono na súa vivenda

Concretamente, a nai e un dos fillos, que foron evacudados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con síntomas de intoxicación por inhalación de gases

Polo momento, descoñécense os motivos que causaron a intoxicación á espera de que os técnicos da empresa subministradora do gas faga unha revisión no interior do domicilio. Pola súa banda, os Bombeiros do Baixo Miño, á súa chegada á vivenda, realizaron as medicións correspondentes, que inicialmente deron negativas, aínda que cómpre comprobar o correcto funcionamento do quentador de auga, cociña e mesma unha estufa de leña.

Segundo indicou o alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, na vivenda, situada no Souto de Arriba, en Caldelas de Tui concentrouse moito fume sen poder determinar a súa procedencia, malia a que indicou que neses intres, precisamente a cociña de leña estaba apagada.

Tras recibir o aviso do particular, ao fío das 09:00 horas, desde o 112 Galicia alertouse aos servizos sanitarios de urxencia, que desprazaron unha UVI móbil ao punto. Tamén, foron informados os Bombeiros do Porriño, a Garda Civil e a Policía Local.

Unha vez no lugar, os profesionais sanitarios do 061 confirmaron o traslado de dúas das tres persoas que estaban no domicilio. Concretamente, a nai e un dos fillos, que foron evacudados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo con síntomas de intoxicación por inhalación de gases.

Os xestores do centro de emerxencias tamén deron conta do sucedido ao persoal responsable da empresa subministradora deste gas. 

Comentarios
Lo más