Ribeira conta con novo mobiliario no seu Arquivo Histórico
Esta incorporación permitirá realizar unha reorganización de tal xeito que ademais de albergar na sede policial o arquivo histórico
O Arquivo Histórico do Concello de Ribeira situado no edificio da policía local (plantas terceira e cuarta) vén de incorporar novo mobiliario co que mellorar a clasificación e custodia da documentación municipal neste servizo e aumentar a súa capacidade.
O mobiliario adquirido consta de nove armarios dobres móbiles deslizables sobre raís e tres armarios simples fixos con dimensións, por unha parte, de 2,5x4,2x2,3 metros e, por outra, de 2,5x8x2,3 metros.
Este novo equipamento sitúase no cuarto andar e ten capacidade para albergar ata 1.500 unidades de instalación (é dicir, caixas onde se arquivan os expedientes definitivos) o que, sumado aos armarios situados no terceiro andar, que teñen con capacidade para 2.200 unidades, fai que a capacidade global no devandito edificio se incremente ata os 3.700 expedientes, un 68% máis
Esta incorporación permitirá realizar unha reorganización de tal xeito que ademais de albergar na sede policial o arquivo histórico, esta instalación servirá tamén como arquivo administrativo central dos servizos municipais externos ao edificio do consistorio. De feito, a documentación pertencente á antiga lonxa cando esta estaba baixo xestión municipal está sendo a primeira na que se está a proceder á súa clasificación e arquivo.