A Biblioteca Ánxel Casal acolle un novo clube de lectura para nenos de nova a doce anos
06:30 21/01/19
06:30 21/01/19
A actividade dará comezo o vindeiro 30 de xaneiro
A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle un novo club de lectura dirixido a nenos e nenas de nove a doce anos que se celebrarará en mércores alternos ás 18:30 horas na Sala Infantil. A actividade dará comezo o vindeiro 30 de xaneiro.
Para poder participar é necesario ter o carné de biblioteca e requírese inscrición previa a partir do 16 de xaneiro (ata un máximo de 10 persoas) dende a páxina web da biblioteca.
Esta actividade ten por obxectivo espertar nos nenos e nenas o interese pola lectura e animalos a explorar as historias que contan os libros. Ademais, quere ser un lugar de encontro e escoita no que compartir o tempo libre desde a imaxinación, a creatividade e a reflexión.