miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xornada transitoria que rematará con chuvias

Xornada transitoria que rematará con chuvias
Xornada transitoria que rematará con chuvias

En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará ata os 11ºC

Durante este día agárdase unha influencia anticiclónica transitoria, aínda que xa pola noite achegarase unha nova fronte dende o noroeste. 

Deste xeito, teremos bancos de néboa matinais, que darán paso a ceos con intervalos anubrados, con máis claros pola tarde e algún chuvasco ocasional no litoral norte durante a mañá. 

A cota de neve estará situada arredor dos 900 metros. 

As temperaturas non experimentarán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará ata os 11ºC.

Os ventos soprarán de compoñente norte con escasa intensidade.

Comentarios
Lo más