Un incendio nun taller de chapa e pintura en Teo deixa danos materiais no seu interior
Os feitos ocorreron no lugar da Póboa, na parroquia de Cacheiras
Un incendio declarado este mediodía en Teo nun taller de chapa e pintura provocou danos materiais no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida.
Os feitos ocorreron no lugar da Póboa, na parroquia de Cacheiras.
Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 14:00 horas para dar conta do incendio. Indicaba no seu relato que saía moito fume dende o tellado do taller e que se escoitaban explosións.
Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en marcha un operativo que contou coa intervención do 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Boiro, GES da Estrada, Garda Civil, Policía Local e voluntarios de Protección Civil da Estrada.
Non obstante, os xestores do 112 Galicia tamén informaron dos feitos aos Bombeiros de Santiago e de Ordes, aos voluntarios de Protección Civil de Teo, á Augas de Galicia, á Empresa Sogaris e ao persoal da Consellería de Medio Ambiente por si fose necesaria a súa intervención.
Tras rematar as labores de extinción, os servizos de emerxencia confirmaron que tratouse de unha avaría nun cadro eléctrico.