Tres persoas feridas ao sufrir o seu vehículo unha saída de vía
14:04 20/01/19
14:04 20/01/19
O vehículo circulaba pola AC-550 e o sinistro tivo lugar á altura do punto quilométrico 25
Tres persoas foron trasladadas ao Hospital de Cee polos servizos sanitarios de emerxencia tras sufrir unha saída de vía co coche no que viaxaban. O vehículo circulaba pola AC-550 e o sinistro tivo lugar á altura do punto quilométrico 25.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 23:45 horas da noite de onte. Ademais dos servizos sanitarios, interviñeron tamén o GES de Muros, a Garda Civil de Tráfico, Policía Local e o servizo de mantemento da estrada.