Coliden dous turismos na localidade de Aranga
Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia poucos minutos antes das 19:00 horas da tarde de onte para informar da colisión entre dous coches á altura do punto quilométrico 547
Unha colisión entre dous turismos - cando circulaban pola A-6, sentido A Coruña, ao paso pola localidade de Aranga – saldouse con unha muller e unha menor feridas.
Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia poucos minutos antes das 19:00 horas da tarde de onte para informar da colisión entre dous coches á altura do punto quilométrico 547.
Segundo puido saber o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, a través da información comunicada nas diversas chamadas recibidas, as persoas implicadas no sinistro podían estar feridas e un dos vehículos quedara atravesado na vía tras o choque.
Decontado, desde o CIAE 112 Galicia informouse do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Betanzos, ao GES de Curtis, ademais do servizo de mantemento da vía.
Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron o traslado da muller e da cativa ao centro hospitalario de referencia polos servizos sanitarios. Tamén informaron que un dos carrís – sentido A Coruña - tivo que ser parcialmente cortado mentres se levaba a cabo a limpeza da estrada co fin de eliminar os restos do accidente e garantir a seguridade na vía.