Un incendio arrasa unha vivenda por completo en Fornelos
13:15 20/01/19
13:15 20/01/19
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Porriño, o GES-SPEIS Ponteareas e tamén a Garda Civil
Un incendio arrasou na súa totalidade unha casa no lugar do Martín, na parroquia pontevedresa de Fornelos. No momento dos feitos a vivenda estaba deshabitada e non houbo que lamentar danos persoais, xa que a propietaria atopábase na casa da filla cando se produciu o lume.
Foi a chamada de unha persoa particular, ao redor das 5:00 horas de hoxe, que alertou do incendio ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Porriño, o GES-SPEIS Ponteareas e tamén a Garda Civil.
Tras rematar as labores de extinción, os bombeiros confirmaron que a casa ardeu por completo, salvo unha cociña exterior.