miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un incendio en Miño causa alarma nun edificio de vivendas

Un incendio en Miño causa alarma nun edificio de vivendas
Un incendio en Miño causa alarma nun edificio de vivendas

Segundo indicaron os Bombeiros de Betanzos, o sofá ardeu por completo

Un incendio nun inmoble de catro plantas, situado na Rúa Camiño Real de Miño, alarmou aos veciños debida á intensa fumareda provocada por un lume orixinado nun sofá que estaba situado no descanso das escaleiras.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada de alerta dunha persoa particular minutos despois das 14:30 horas da tarde de hoxe. No seu relato indicaba que vía saír moito fume polas escaleiras e o ascensor do edificio.

Acto seguido, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Betanzos, á Garda Civil da localidade, ademais dos voluntarios de Protección Civil.

Por fortuna, ninguén resultou ferido, xa que o mesmo alertante encargouse de avisar aos demais veciños.

Segundo indicaron os Bombeiros de Betanzos, o sofá ardeu por completo.

Comentarios
Lo más