miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames quere adaptarse ao novos tempos cunha nova web 3.0

Ames quere adaptarse ao novos tempos cunha nova web 3.0
Ames quere adaptarse ao novos tempos cunha nova web 3.0

Con base en tecnoloxías abertas, a nova web terá unha estrutura orientada aos usuarios, cun deseño inicial que facilite a rápida localización da información e o acceso a trámites e servizos

Este venres, 18 de xaneiro, o alcalde de Ames, José Miñones, e mailo responsable da empresa Tecnologías Plexus, Ángel Taboada, asinaron o contrato para deseñar unha nova web máis moderna e funcional. No acto de sinatura tamén estivo a concelleira de Comunicación e Normalización Lingüística, Isabel Vaquero. A nova web será plenamente funcional en dispositivos móbiles e permitirá o rápido acceso á información, trámites e servizos. O proxecto adxudicouse por un importe de 29.753 euros.

Mellorar a información e a comunicación coa veciñanza, permitir o acceso plenamente funcional á web tamén mediante dispositivos móbiles, modernizar o deseño, buscar a accesibilidade universal, facilitar a integración da web coas redes sociais e descentralizar e facilitar o traballo de xestión e administración do sitio son os obxectivos da renovación da web municipal. Para iso, logo da correspondente licitación pública, adxudicouse o contrato da nova web por un importe de 29.753 euros á empresa Tecnologías Plexus.

Con base en tecnoloxías abertas, a nova web terá unha estrutura orientada aos usuarios, cun deseño inicial que facilite a rápida localización da información e o acceso a trámites e servizos. Así mesmo ampliaranse as posibilidades de comunicación (avisos mediante notificacións, boletíns informativos, envío de incidencias ao Concello e integración coas redes sociais) e potenciarase os contidos xa existentes de transparencia e de actualidade.

Na mesma liña, a nova web será accesible para persoas usuarias con dificultades visuais, auditivas, dislexia e as incluídas no espectro do autismo. Ademais, a súa renovación permitirá un mellor acceso aos diversos trámites e xestións.

Por último, coa nova web búscase facilitar o seu uso tanto ao persoal técnico responsable do sitio como ao persoal dos diversos departamentos municipais, claves para descentralizalo e ampliar e atender contidos. Para iso, o contrato obriga tamén a un proceso formativo para os traballadores e traballadoras do Concello.

Comentarios
Lo más