miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sanidade recorda que a vacinación da gripe prorrógase unha semana máis

Sanidade recorda que a vacinación da gripe prorrógase unha semana máis
Sanidade recorda que a vacinación da gripe prorrógase unha semana máis

Aínda que oficialmente rematou o 28 de decembro, a poboación poderá seguir vacinándose ata o venres 25 de xaneiro ou ata que se esgoten as existencias

A Consellería de Sanidade decidiu prorrogar ata o vindeiro día 25 de xaneiro a campaña de vacinación da gripe, que se está desenvolvendo en Galicia baixo o lema “Contaxia a túa enerxía e non a gripe” dende o pasado 22 de outubro.

Dende a Consellería de Sanidade lembran que este ano en Galicia atrasouse a chegada da onda gripal e polo tanto todas aquelas persoas que o desexen e non o teñan feito, aínda están a tempo de vacinarse. Para ilo poden acudir a algún dos 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade, coma os centros de saúde e os hospitais do Servizo Galego de Saúde. Tamén en centros sanitarios privados ou residencias da terceira idade entre outros.

Dende esa data e ata o día de hoxe vacináronse un total de 559.893 persoas, o que supón uns 30.000 vacinados máis que no final campaña anterior. No caso concreto das persoas de 65 ou máis anos, un dos grupos de risco nos que a vacina está especialmente indicada, o número de vacinados é xa de 391.322. 

Nestas datas de 2018 a cifra para este grupo de idade era de 9.404 vacinados menos. A unha semana de que remate a campaña os datos indican un 58,16% de cobertura vacinal, porcentaxe que supera xa ao total de vacinados o pasado ano entre poboación galega de 65 ou mais anos.

Xunto á mellora das coberturas na poboación xeral, Sanidade subliña o aumento do número de vacinados entre os profesionais sanitarios, case un 32% máis que o ano pasado, segundo os datos provisionais manexados. Deste xeito consolídase a tendencia dos últimos anos pola que os profesionais sanitarios van incrementando a súa confianza nesta vacinación.

É necesario destacar tamén o elevado incremento de vacinación das mulleres embarazadas, cun incremento do 73 % con respecto á campaña de 2017. Isto é debido, probablemente, a unha maior concienciación da importancia desta enfermidade no embarazo por parte das mulleres e dos profesionais sanitarios que as atenden.

Comentarios
Lo más