O xogador do Estrela Vermelha, Román Castaño, lenda no fútbol gaélico
É o primeiro xogador en aparecer no 9 Ideal da AGFG en diferentes posicións (defensa e portería) en dous equipos diferentes
O xogador rianxeiro do Estrela Vermelha consegue un recoñecemento individual nunca antes visto na historia do Gaélico Galego. É o primeiro xogador en aparecer no 9 Ideal da AGFG en diferentes posicións (defensa e portería) en dous equipos diferentes.
A explicación témola en que o ano pasado foi galardoado coa aparición no 9 ideal polo seu labor como porteiro do primeiro equipo e nesta tempada compaxinou actuacións na defensa e na portería do equipo filial, o Estrela Gaels.
Deste modo, Román Castaño convertiuse o pasado mércores 16 de xaneiro con só 26 anos nunha lenda deste deporte. Conseguiuno logo dunha brillante actuación en que o Estrela Gaels saiu victorioso ante a súa afección no campo das Cancelas ante o Dorna da Illa de Arousa.