Atropelan a unha persoa na Avenida de Lugo
Os servizos sanitarios trasladaron á persoa ferida ata o centro hospitalario de referenc
Unha persoa resultou ferida esta madrugada tras ser atropelada por un turismo na Avenida de Lugo, á altura do número 2, en Santiago de Compostela. Foi o propio condutor do vehículo sinistrado quen informou dos feitos.
Ao redor das 2:30 horas da madrugada de hoxe, o 112 Galicia recibiu a chamada de unha persoa particular que informaba que acabara de atropelar a alguén. No seu relato, indicou que non vira a persoa e que a mesma atopábase inconsciente.
Foi nese momento, cando o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia ademais de requirir a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, alertou tamén aos Bombeiros de Santiago, aos voluntarios de Protección Civil e á Policía Local.
Finalmente, os servizos sanitarios trasladaron á persoa ferida ata o centro hospitalario de referencia.