miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comezan as obras de aglomerado da rúa dos Remedios, en Santa Uxía de Ribeira

Comezan as obras de aglomerado da rúa dos Remedios, en Santa Uxía de Ribeira
Comezan as obras de aglomerado da rúa dos Remedios, en Santa Uxía de Ribeira

Comporta un investimento de 24.560 euros e o seu prazo de execución é dun mes

O Concello de Ribeira informa do inicio das obras conducentes a dotar dunha nova pavimentación á rúa dos Remedios, pertencente a Santa Uxía.

O firme en cuestión atopábase moi deteriorado, puidéndose diferenciar dúas zonas: un primeiro tramo entre vivendas cunha capa de formigón con importantes disgregacións e un segundo próximo á DP-7301 que alternas zonas en formigón con outras en terra.

Para poder circular en condicións máis seguras, estase a estender unha nova capa de aglomerado asfáltico, labor que están a realizar os operarios da empresa Nemesio Ordóñez.

Comporta un investimento de 24.560 euros e o seu prazo de execución é dun mes.

Comentarios
Lo más